O PP de Corcubión lamenta vivir nun "pobo morto"


Chega hoxe unha crítica do PP corcubionés en materia turística. I é que segundo a súa voceira, Gema Freire, "a falta de compromiso do Concello de Corcubión co turismo do municipio está prexudicando á imaxe do pobo". Quere a voceira do PP que "Corcubión siga sendo un referente turístico na Costa da Morte" e critica "a falta de vontade e compromiso co municipio que demostra o actual goberno municipal".
Critica que o ano pasado perdesen a bandeira azul na praia de Quenxe, "a cal só durou un mes e produciu un gran malestar entre os veciños". E "a este acontecemento hai que sumarlle agora o estado no que se atopa o paseo marítimo, a suciedade que se apoderou da zona e a ausencia de oferta cultural durante os meses de maior afluencia turística", que fan de Corcubión "un pobo morto".
Novas relacionadas
- Un San Marcos para todos en Corcubión.
- Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión.
- Completo repaso de actualidade municipal do PP comarcal.
- O PP de Corcubión traslada a responsabilidade da praia artificial ao goberno central.
- O PP de Corcubión pregunta pola reforma da Praza de Castelao.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Corcubión.