Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión pide a adhesión ao CMAT

O PP de Corcubión pide a adhesión ao CMAT

A semana pasada constituíase o CMAT, o ente de xestión turístico da Costa da Morte, con participación pública e privada. Case todos os concellos xa están adheridos, agás 3, entre os que está o de Corcubión, que explicaba a parálise municipal con problemas orzamentarios para formar parte do ente.

Aproveita a circunstancia o PP local, despois da xuntanza do PP comarcal da pasada semana para criticar ao goberno local polo “seu desinterese pola promoción turística ao non integrarse na CMAT”. A candidata dos populares ás próximas Eleccións Municipaism Gema Freire asegura que o alcalde “vive de costas ás necesidades e ás preocupacións que ten o sector turístico e hostelero da zona”, por iso defende que os veciños “merecen unha explicación de por que o seu alcalde ha decidiu illar a Corcubión” ao non unirse a unha asociación.

”Se o goberno local non ten 1.000 euros para participar iniciativa, entón é que o problema é moi grave”, declarou, quen ironizou dicindo que, de ser así, haberá que realizar unha “colecta vecinal” para que Corcubión non sexa o “hazmerreír da comarca”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP Provincial.

Comentarios