Os artesáns do mar toman apuntes sobre a nova Lei de Acuicultura
Xa ha que avisa no sector do mar que a nova Lei de Acuicultura da Xunta de Galicia é unha auténtica “hipoteca”. Aseguran fontes do sector da pesca artesanal que moitos bancos marisqueiros serán privatizados deixando aos mariscadores, percebeiros e demais artesáns do mar dependendo dos seus intereses.
Esta semana xa tivo lugar unha charla informativa na Confraría de Pescadores de Corme. E Fisterra xa prepara outra para informar ao sector.
Charla en Corme sobre a Lei de AcuiculturaAbogados, biólogos e mesmo patróns de embarcacións, falaron directamente cos mariscadores e percebeiros cormeláns e da contorna, sobre as “dañinas consecuencias que terían para a Ría de Corme e Laxe” a nova lei. Destacaron “a privatización da costa incluindo as praias, sen poder pescar nin profesionais, nin xubilados nin a pesca deportiva”.
Lembraron os problemas que soen ter as granxas acuícolas, como a “contaminación da ría coa instalación de xaulas de peixes con excrementos e residuos dos mesmos, pensos, fármacos (vacinas, antibióticos), propagación de enfermedades e parásitos…”.
Destacaron que “todo elo afectará a calidade e cantidade dos nosos recursos e deteriorará o medio mariño, que é patrimonio de tódol@s galeg@s”.
Charla en Fisterra
O BNG local organiza unha charla para este venres 12 de febreiro ás 19:00h no Salón de Actos do Concello co lema “Non á privatización do noso mar. Contra a nova Lei de Acuicultura”.
Estarán Ana Miranda, Daniel Rodas e Kuka Sar.
ADEGA, AGE e BNG lanzan as alarmas
Xa alzan as voces colectivos que levan anos loitando contra o Plan Acuícola, aquel que conseguiu erguer ao mar da Costa da Morte en ducias de manifestacións contra as 7 piscifactorías (unhas novas e outras ampliacións) que invadirían o noso litoral. ADEGA denuncia o "idilio entre a Xunta e a patronal do peixe de granxa", vixente dende 2005 con goberno de Fraga en funcións do PSPTA (Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria) de López Veiga, posteriormente substituido polo Plano de Acuicultura do bipartito (2008) e o Plano Director da Acuicultura Litoral (PP, 2013).
Recordan ademais que a piscifictoría de Touriñán segue estando no horizonte real.
Tamén salta á voz pública o BNG que pediu no parlamento ao Partido popular “retirar” o anteproxecto da lei da acuicultura. A iniciativa nacionalista foi apoiada polo resto da oposición e rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) critica á Xunta ao negarse a escoitar o sector e retirar completamente o documento. “É a bomba perfecta para a destrución do mar”, avisou o deputado de AGE Juan Fajardo, “o que ten que facer é retirar o proxecto e abandonar a consellaría”. As facilidades para a instalación das multinacionais e as súas prácticas monopolistas inzan un texto que só a protesta unánime do sector logrou, polo momento, paralizar. “Non ten sentido que vostedes continúen a defender o que non ten defensa”, espetou o deputado de Alternativa á conselleira, e lembroulle que “o sector non a recoñece como interlocutora e esíxelle a retirada do anteproxecto”.
Novas relacionadas
- Decembro 2015: O río Xallas e a posible volta da piscifactoría de Touriñán, no balance ambiental de Adega do 2015.
- 02-10-16: A Xunta continúa permitindo construír piscifactorías en zonas protexidas.
- Marzo 2015: O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar.
- Febreiro 2015: Como é posible que a Xunta exima do impacto ambiental un proxecto no Cabo Vilán?.
- 10-12-12: Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola.
- Xuño 2011: Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías.
- Marzo 2011: A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- Novembro 2009: A USC conclúe que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Contramínate.