Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Garda Civís da Costa da Morte tamén celebraron o Pilar

Os Garda Civís da Costa da Morte tamén celebraron o Pilar
O Cuartel de Malpica celebrou o Pilar O Cuartel de Malpica celebrou o Pilar

A presencia da Benemérita na Costa da Morte é o suficientemente histórica para que as celebracións da Festa Nacional se leven a cabo. Unha data que ten pouca contestación na bisbarra, se ben tampouco se celebra por todo o alto. Si o celebran os grupos da Garda Civil da zona.

Por exemplo, en Malpica, que acodiron a unha recepción co alcalde no Concello.

Cuarteis de Vimianzo e Muxia Celebrando O Pilar Cuarteis de Vimianzo e Muxia Celebrando O Pilar

En Muxía a cousa foi completa. Máis dun centenar de persoas celebraron a patrona dos Gardas Civís unindo os postos de Vimianzo e Muxía. Primeiro tocou misa, e despois uns viños no restaurante O Pinar dos Muíños. Estiveron presentes os sarxentos dos dous cuarteis, acompañados polo alcalde muxián, e varios membros dos grupos municipais, así como o xuíz de paz e varios empresarios.

Cuarteis de Vimianzo e Muxia Celebrando O Pilar 2 Cuarteis de Vimianzo e Muxia Celebrando O Pilar nos Muíños En Carballo, a parroquia de San Xoán Bautista tamén celebrou o Pilar, cunha Eucaristía, presidida polo párroco José García Gondar e cantada pola Coral de Bergantiños. Garda Civis de Carballo na Parroquia San Xoan Bautista Garda Civis de Carballo na Parroquia San Xoan Bautista celebrando o Pilar

Fonte

Comentarios