xoves. 23.01.2025
El tiempo

Patrimonio analizará as necesidades da Igrexa de San Marcos

Igrexa de San Marcos de Corcubion
Patrimonio analizará as necesidades da Igrexa de San Marcos

Anuncia hoxe o deputado nacionalista Oscar Insua, o compromiso acadado pola Xunta de Galicia para analizar as deficiencias da Igrexa de San Marcos de Corcubión, como xa alertaran hai uns meses.

Tras varios meses de espera, Insua mantivo unha reunión coa Directora Xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, xunto con técnicos do departamento, advertindo que “é preciso facer un estudo exhaustivo canto antes, para detectar todas as humidades e as filtracións de auga no tellado da igrexa”.

A Xunta comprometeuse a estudar en xaneiro de 2025 as deficiencias que presenta a igrexa: problemas de filtracións nas cubertas e de humidades nos seus muros, e que afectan entre outros á maquinaria do reloxo da fachada, fabricado nos talleres
de Odobey a principios do século pasado, un dos mellores reloxeiros de Francia, e ao patrimonio escultórico.

Máis novas

Comentarios