O picudo vermello segue avanzando e xa afecta a unha Palmeira da mítica Praza Castelao de Corcubión

A praga do picudo vermello segue o seu arrasador paso polo sur da Costa da Morte. Van 2 anos e medio dende que denunciaban as primeiras palmeiras afectadas na zona de Muros e xa este pasado mes de xaneiro alertaban de que podería afectar a todas as palmeiras da zona sur da comarca se non se tomaban medidas.
Precisamente hai 8 meses da primeira alerta dunha palmeira afectada por este escaravello invasor en Corcubión. A inacción municipal fai que a cousa sexa cada vez máis grave, como denuncia o grupo Sempre Corcubión, unha vez que unha das palmeiras da Praza de Castelao, no centro da vila, está gravemente afectada.
”A falta de atención a un problema xa advertido por nós e, a falta de mantemento chegou a praza de Castelao coas palmeiras afectadas posiblemente de forma irreversible”, denuncia Alfredo González. “Tamén está moi afectada o exemplar do xardín da capela de San Antonio, pensamos que xa non ten remedio. Este patrimonio vexetal rematará de ser tal nas mans deste goberno local. Deplorable”, lamenta apuntando que das 7 palmeiras que hai na vila de San Marcos, 4 están xa afectadas.
NOVAS RELACIONADAS
- Xaneiro 22: A praga do picudo vermello pon en perigo a superviviencia das palmeiras do sur da Costa da Morte.
- Xaneiro 22: Alertan de que a praga do picudo vermello xa chegou a Corcubión.
- Novembro 21: "Xa non é só por tirala en calquera lado, senón que ademais así propagas a praga do picudo”.
- Marzo 20: O picudo vermello cébase cas palmeiras de Muros.