Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Porto Mixto de Corcubión, a 5 anos vista

Ria de Corcubion-Foto-Rafa Quintans
Ría de Corcubión-Foto-Rafa Quintáns
O Porto Mixto de Corcubión, a 5 anos vista

É unha demanda histórica. Máis de 30 anos leva Corcubión co proxecto á voltas, dende o goberno socialista de Chisco Lema presentase o primeiro proxecto arredor da praia da Viña. Mesmo en 2009 o goberno popular da Xunta prometera a infraestrurura, que podería ser un impulso para crecemento do turismo náutico en toda a comarca.

O proxecto chegaba onte ao Parlamento Galego, tralas preguntas do BNG na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo, e o propio PP ratificaba o seu compromiso, sinalando que Portos ten o proxecto do porto mixto en fase final de redacción, cun orzamento de 130.000€. Un porto que serviría para pesca de baixura e náutica de recreo.
Este contrato abrangue o deseño da solución técnica para a mellora do abrigo e a dotación de amarres para a flota pesqueira e náutica, estudando distintas solucións construtivas (diques de coieira, verticais, aboiantes ou pantallas).

Dende a oposición valoran a nova, pero lamentan a falta de concreción de prazos. O voceiro nacionalista en Corcubión, Lois Lado, manifestou que “o PP segue sen comprometerse co noso pobo. Levamos toda a vida esperando polo porto deportivo ou polo porto mixto, e o único que queda claro é que antes de 5 anos non imos ter nada, e ollo! que igual son máis anos. Lembro que no ano 2009 viñeron a prometelo, e van 12 anos e seguimos igual. Isto si que é unha boa tomadura de pelo do partido popular e da Consellería de pesca aos veciños”, lamentou.

Pola súa parte, o deputado nacionalista Daniel Pérez advertiu que ata dentro de 5 anos non haberá porto deportivo unha vez que “a Xunta se negou a comprometer prazos”.
Pérez lembrou a cantidade de problemas que hai no porto cando hai mar, por un problema de seguridade. “Houbo sorte porque non se produciron danos nin persoais nin medioambientais, aínda que si perdas económicas”, polo que subliñou a urxencia de contar co porto mixto dende o punto de vista da seguridade.

Novas semellantes

Comentarios