Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Propoñen a creación dun museo de Arte Sacra en Corcubión

Propoñen a creación dun museo de Arte Sacra en Corcubión


A imaxe de San Marcos é unha das pezas máis importantes do patrimonio sacro corcubionés

Xa o levaba no seu programa electoral o grupo Sempre Corcubión. E quere que non quede no esquecemento, polo que pide ao goberno municipal buscar unha fórmula para conseguir un museo de Arte Sacra en Corcubión, “pois consideramos imprescindible a búsqueda de colaboración ca igrexa dende o concello, para que estas e outras figuras e pezas de arte antigas non teñan outro tratamento dende un punto de vista histórico, turístico e patrimonial”, explica Alfredo González.

O grupo denuncia a “decadencia, abandono e a falta de iniciativas por parte do goberno do PSOE de Corcubión para co patrimonio relixioso”.

Comentarios