Venres. 19.04.2024
El tiempo

Protestan polas restricións de Portos a realizar tarefas de mantemento no peirao de Corcubión

A Grua La Paz recuperando o Ximpron
A grúa acodindo ao porto de Corcubión a rescatar unha embarcación
Protestan polas restricións de Portos a realizar tarefas de mantemento no peirao de Corcubión

Xa o denunciaba o pasado venres dende a Confraría de Corme. Hoxe tócalle ao BNG de Corcubión lanzar a alarma sobre a decisión unilateral de Portos de prohibir que os barcos poidan varar no propio peirao para realizar reparacións, limpezas ou pintado dos mesmos.

O grupo presentou varios escritos tanto a nivel municipal como autonómico, ante o que considera “un castigo do Partido Popular a Corcubión, ata que acaben co pouco que hai non han parar, todo é prohibir, pagar, e eliminar servizos”.

Dende Corcubión lembran que “a limpeza faise con auga a presión e para o pintado dos fondos -coñecido como “dar patente”- empréganse pinturas antiincrustantes homologadas para tal fin. E é moi importante subliñar isto porque este tipo de pintura é biodegradábel, de aí que co tempo se vaia deteriorando e se lle vaian adherindo mexilóns, algas, arneiróns, etc., que é o motivo principal da necesidade da varada e de limpeza”.

Sinalan que tamén que “as embarcacións que se varan son de entre 5 e 9 metros de eslora, que ademais dispoñen dun seguro de responsabilidade civil, tal e como establece a normativa vixente, que cubriría ao propietario no caso dalgún incidente”.

O que máis chama a atención do comunicado de Portos é que as tarefas teñen que realizarse “nas zonas expresamente habilitadas para tales fins”, sabendo que a única na zona é Fisterra. ”Deste xeito, estase abocando a calquera pequena embarcación do porto de Corcubión, sexa a motor ou a remos, a desprazarse ata Fisterra, a pagar o carro de varada, que pode acadar os 400 euros, e a que os seus propietarios teñan que dispoñer de medios para desprazarse durante os dous ou tres días que dura a varada dende Corcubión ou Cee ata Fisterra”.

A voceira de Pesca do BNG Rosana Pérez facía estas declaracións:

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios