Protestas en Corcubión polas novas obras da nave de Protección Civil no porto


Crecen os galpóns no porto de Corcubión. Ademais da aulad e formación náutica e dun edificio de 20 departamentos para os usuarios, estes días comezaron as obras, da nova nave de Protección Civil.
Portos modificou a ubicación inicial, que estaba prevista entre a Lonxa e o Carrumeiro, para a zona de xardín que había detrás do Xulgado.
Hoxe é o BNG corcubionés o que protesta pola ubicación dun proxecto do que destacan que naceu no 2002 co anterior goberno do BNG. Denuncian dende a oposición, "o ano pasado, Portos de Galiza, sen moitas explicacións, rescatou a concesión administrativa, e ante estes feitos o pleno celebrado o 8 de xullo de 2010, aprobou un acordo para reclamar a Portos de Galiza que a deixara facer no lugar orixinario e para que o alcalde dera conta posteriormente nunha comisión dos resultados da negociación, comisión que nunca se celebrou para informarnos do desenlace".
Insisten que as obras crean "un impacto paisaxístico considerable" polo que "o BNG solicítalle ao Alcalde que suspenda as obras, para buscar unha sede alternativa á nave de protección civil".
Novas relacionadas
- Doble visita de Portos de Galicia á bisbarra para anunciar obras en Corcubión e Camariñas.
- Completa remodelación de urbanización do porto de Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.