![qpc-galinus-premios-eganet-2010]()
Cada ano a Asociación de Empresas Galegas adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (
EGANET) entrega os seus
premios tecnolóxicos. Uns premios que este ano rexistran un
éxito histórico de participación nos Premios Eganet 2010 e xa están consolidados como referente no sector TIC en Galicia.
Así,
máis de 260 candidaturas de 87 profesionais, asociacións, organizacións empresariais, ONGs, entes públicos e centros de ensino compiten este ano polos galardóns que convoca Eganet desde hai sete anos.
A gala de entrega, que será dirixida por un coñecido da bisbarra,
Fran Hermida, será este mércores 22 de decembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela. Alí estarán, como finalistas, a empresa corcubionesa
Galinus e o seu "fillo",
o diario dixital da Costa da Morte quepasanacosta.gal.
QPC polo premio de Inclusión Dixital
A empresa Galinus presentou o proxecto QPC ao Premio de Inclusión Dixital, incindindo no feito de que a
A Costa da Morte é a segunda zona de Galicia con máis baixa incidencia da internet. Deste xeito, o diario dixital Quepasanacosta serve de dinamizador da rede, achegando contidos de actualidade, de recuperación histórica... a toda a bisbarra.
Con ese sentido naceu QPC aló por agosto de 2007, ocupando o baleiro que había na rede costeira, informando en tempo real da actualidade social, política, cultural e deportiva da bisbarra. Nestos 3 anos,
QPC xa ten creado ao seu redor unha verdadeira comunidade, o que permitiu o desenvolvemento de varios proxectos paralelos de interese social, convertendo a QPC en algo máis que un xornal dixital.
A aposta clara polo
Xornalismo Cidadán é outra das causas polas que QPC está na final, así coma todos os
Servizos QPC que ofrecemos como
Axenda Costa da Morte,
Salvacadelos, os
Horarios de Autobuses,
Recunchos da Costa, ou o Boletín da radiONeria.
QPC xa é unha das 4 propostas máis significativas da categoría "Inclusión Dixital" á que se presentaron un total de 64 candidaturas. E deste xeito, só podemos darvos as gracias de novo a todos os que facedes posibles este proxecto, coma fixemos no
acto de presentación do Novo QPC.
Premio Publicidade e Marketing OnLine
Xa o ano pasado
Galinus foi finalista ao Premio de Publicidade Online pola campaña de MardeLira. Este ano a empresa chega como finalista cunha aposta propia.
A Reforma de Galinus e todos os videos creados como campaña de marketing viral da propia empresa, competirán coas empresas Interacción, Elogia Media e Paco&Lola Albariño.
Máis finalistas da bisbarra
E hai outra proposta finalista con claro sabro costeiro. Xa un habitual destas galas, a empresa santiaguesa Sixtema, na que traballa o corcubionés Alejandro Lamas, será un dos 4 candidatos ao premio "Software, Multimedia ou Web" co seu
Ikimap.
Categoría: E-Emprendedores
Empresa |
|
ONTOUCH NUEVA TECNOLOGÍA PUBLICITARIA |
|
A NAVALLA SUÍZA |
|
ENXENDRA TECHNOLOGIES |
|
P WEB SERVICES |
|
Categoría: Software, Multimedia ou Web
SIXTEMA |
iKimap |
CONFIRMSIGN |
Confirmsign |
EDITORIAL GALAXIA / PERRO VERDE FILMS / MILRAYAS |
ContoPlanet |
REDENASA.TV e A NAVALLA SUÍZA |
Redenasa.tv |
Categoría: Inclusión Dixital
SIGNO INGENIERÍA DEL TERRITORIO |
Guía de turismo accesible para Internet e Teléfonos móbiles |
VMODAL INTERACTIVE |
RuraisLAB |
GALINUS TALLER DE NOVOS MEDIOS |
Que Pasa na Costa |
FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS DE PROVINCIAS (FEGAMP) |
Inmigración Galicia |
Categoría: Publicidade e Marketing OnLine
INTERACCIÓN |
Os Crebinsky |
ELOGIA MEDIA |
El caso no resuelto de Canon City |
GALINUS TALLER DE NOVOS MEDIOS |
A Reforma de Galinus |
PACO & LOLA ALBARIÑO |
Estratexia de marketing online do Albariño Paco & Lola |
Categoría: E-Commerce
KNS EDICIONES S.C./ AVA SOLUCIONES TECNOLÓGICAS |
KNS Ediciones |
DOSMASDOS SOLUCIONES INFORMÁTICAS |
NOD32 Antivirus |
VISUAL PUBLINET |
Gestor de reservas aparcamiento PARKEVOA |
LONXA CULTURAL |
Toupa.net |
Categoría: Administracion Electrónica
BIT OCEANS RESEARCH |
Fividoc. A firma electrónica en papel |
ENXENDRA TECHNOLOGIES |
Plataforma de factura electrónica |
IMATIA INNOVATION |
CIVIDAS |
IMAXDI REAL INNOVATION |
Imaxdata digital pen |
Categoría: Educación Dixital
CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA E COLEXIO RURAL AGRUPADO DE BOQUEIXÓN-VEDRA |
Comunidades Rurais virtuais |
CEIP NÉTOMA-RAZO,CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO, CEIP O GRAXAL |
O Campo da Feira |
COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA |
Navegando con rumbo |
INTERACCIÓN / IMAXÍN |
O valor de IGU |
Categoría: Mellor Ambiente Laboral
ARUME DESENVOLVEMENTOS INFORMÁTICOS |
|
HACCE SOLUCIONES TIC |
|
COREMAIN |
|
LABORO, INGENIERÍA DEL SOFTWARE |
|
Premio ESPECIAL
Máis información
Novas relacionadas
Proxectos Audiovisuais de Galinus.tv
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da EGANET.