Venres. 03.05.2024
El tiempo

A radiONeria de Corcubión, epicentro do proxecto estatal Onda ODS

Reunion de Emisoras Locais en Corcubion
Reunión de Emisoras Locais de todo o estado en Corcubión
A radiONeria de Corcubión, epicentro do proxecto estatal Onda ODS

Acolleu este pasado xoves o Salón de Plenos de Corcubió un encontro de emisoras municipais de todo o estado. Toño Casais, o actual responsable da radiONeria , a radio municipal de Corcubión, e Henrique Sanfiz (responsable da Rede de Emisoras Municipais Galegas EMUGA-Radiofusión), fixeron de anfitrións ante a visita de representantes das Emisoras Municipales de Andalucia, RTV Cardedeu- La Xarxa de Catalunya, Emisoras Municipais Galegas e a Red de Medios Comunitarios.

Foi unha xornada de traballo para que puxo de manfiesto a importancia das radios municipais, e nomeadamente da radiONeria, como “ferramenta de comunicación e de dinamización social”, como sinalaba Henrique Sanfiz. “Máis alá de ser medio de comunicacion, as radios locais serven para activar á vecizanza, asociacións, colectivos… unha gran ferramenta de participacion cidadán”, apunta dando constancia da gran labor que está realizando Toño Casais implicando na creació de contidos a colectivos de moitos sectores sociais locais, como o mar, a sanidade, a cultura, o medioambiente…

”Corcubión é un municipio emblemático para a radio do país, cómpre lembrar que é un dos concellos que fundou en 1988 a Rede de Emisoras Municipais xunto con Fene, Oleiros, Negreira e Rivadabia, de aí a importancia que lle estamos dando”, valora Sanfiz.

Despois da xornada de traballo, realizaron unha visita e as xentes de Cataluña e Andalucía alucinaron con lugares como Quenxe ou o Ézaro. Máis sorprendidos quedaron aínda na visita que realizaron ao Museo da Pesca de Fisterra. Alexandre Nerium deulles un discurso sobre a contaminación de plásticos nos océanos que foi gravada, e que será emitida nas 240 emisoras que comparten esta rede polo seu impacto, como base para unha serie de programas sobre o asunto.

“Onda ODS. Empeza por ti” comezará en Corcubión

A xornada de traballo serviu para preparar a nova campaña de contidos que se compartirá a partir do mes de outubro entre máis 240 medios locais de todo o estado para sensibilizar contra o cambio climático e por un mundo máis xusto. E a posta de longo será este sábado 30 de setembro cun programa de radio en directo e con público desde a antiga capela do Pilar coa radiONeria como anfitrioa.

Divulgarán os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel fixados pola ONU para a defensa das xeneracións futuras. “Estamos nun punto de inflexión das civilizacións e debemos coidar a saúde do planeta e tamén a da rapazada, da xente maior e de todos os países do mundo” afirman os promotores da iniciativa. Grupos en Corcubión, Fene e Moeche intentarán trasladar á vida cotiá os grandes obxectivos da humanidade. Realizarán podcasts e programas audiovisuais en torno a esa temática sempre co telón de fondo da participación cidadá.

“Onda Ods. Empeza por ti” é unha iniciativa de Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía, RTV Cardedeu La Xarxa de Catalunya e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

RELACIONADOS

Comentarios