Martes. 16.04.2024
El tiempo

Reflexións sobre o Entroido de Verán de Fisterra

Reflexións sobre o Entroido de Verán de Fisterra
A raíz da festa do Entroido de Verán de Fisterra organizada pola afección da SD, o veciño Manuel Canosa, ese pescador de luras do peirao de Corcubión, quere facer estas reflexións en QPC.

Reflexións sobre o Entroido de Verán de FisterraEntroido de Veran de Fisterra

Quero comezar esta reflexión, dando a miña noraboa a Asociación Rapacollóns e a todos os que de algún xeito foron quen de organizar o Entroido de Verán de Fisterra, e lograr o primeiro ano, o que eu considero un gran éxito. Non é doado que calquera poda ter unha iniciativa similar e ter o mesmo éxito con tan poucos recursos, iso esta o alcance de moi poucos, e si ten éxito, como é o caso, principalmente débese ós veciños e veciñas de Fisterra, que son quen de divertirse e pasalo ben con pouca cousa. Si, so Fisterra e quen de organizar con nada unha festa como esta, e ter o primeiro ano un éxito tan espectacular. Que ten que ver isto coa tradición? Iniciativas similares fixéronse noutros concellos e co paso do tempo fóronse asentando e collendo forza. O Mercado Medieval de Corcubión, O Asalto ó Castelo de Vimianzo, a Festa da Carballeira de Zas, e tantas outras que pouco teñen que ver coa tradición e xa están funcionando con gran éxito. A ninguén se lle ocorreu dicir que estaban facendo o paiaso, e si así fose, ¿por que non? ¿que ten de malo divertirse e facer o paiaso de cando en cando? Peor é ter que lamentarse das nosas penurias, enfermidades que nos aflixen, das economías restritivas que temos que soportar día a día. O Carnaval (festa da carne) xurdiu para celebrar con excesos e diversión os días antes de entrar na cuaresma relixiosa que impoñía austeridade, recollemento, oración... De que me soa isto. Para aburrirse hai unha chea de días ó ano, demasiados. E se alguén non lle gusta, ten varias alternativas, quedarse na casa lamentándose, ou visitar outros lugares con outras actividades máis do seu gusto. Ánimo Fisterra, facedes ben en divertirvos, cando podades e mentres podades. Non creo que unha festa como esta moleste a ninguén. Aproveitade a vivir e a divertirse. E para o ano que ven sexan dous días en lugar de un, e que a min me pille cerca. Que non decaiga.
  • Manuel Canosa Sanjurjo, 59 anos, veciño de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios