O tecido asociativo de Corcubión revive na radiONeria cunha xornada aberta este sábado na Capela do Pilar
O proxecto Onda Ods comezará este sábado en Corcubión. O proxecto estatal nace na vila de Corcubión cun programa de radio en directo e con público desde a antiga Capela do Pilar. O movemento asociativo da Costa da Morte participará este espazo o sábado 30 de setembro entre ás 10:00 da mañá e as 13:00 do mediodia.
Mulleres da asociación Buserana coordinarán o espazo, xunto con Toño Casais, coordinador de Radio Neira. Falarán entre outros asuntos, da contaminación de plásticos dos océanos, a partir da experiencia de Alexandre Nerium, do Museo da Pesca de Fisterra.
Distintos grupos e persoas da Costa da Morte xa se sumaron á iniciativa que intenta trasladar á vida cotiá os grandes obxectivos da humanidade. Gravarán pódcasts, programas audiovisuais e formularán retos para animar a participación cidadá.
No programa deste sábado, poderanse escoitar as palabras do director xeral de Emisoras Municipales de Andalucía Paco Crespo, de María López Rovira, de RTV Cardedeu La Xarxa, Francisco Aguaza da Rede de Medios Comunitarios e Henrique Sanfiz, de Emisoras Municipais Galegas. Tamén participarán Guilleaume Buteau, coordenador do proxecto Onda Ods, Empeza por ti e Mariano Fernández de Cuac FM. Máis de 240 medios de todo o Estado participan nesta iniciativa que pretende contribuir a paliar o cambio climático, pelexar pola eliminación da pobreza e pola igualdade de xénero. Participan Radio Fene e as Emisoras Municipais Galegas. Tratan de divulgar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Contan coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais.
Pódedes escotar a través de Radio Neria, no 107.8FM, en Radio Roncudo nas terras de Bergantiños, nas web radioneria.blogspot.com ou tamén nas rede de emisoras municipais de Radiofusión.