Luns. 25.10.2021
El tiempo

“Todas nós”: Primeira reunión presencial da comunidade de mulleres profesionais da Costa da Morte

Todas Nós, somos Todas.
“Todas nós”: Primeira reunión presencial da comunidade de mulleres profesionais da Costa da Morte

En marzo a comunidade da contaba con 30 profesionais. Hoxe, a rede ”Todas nós”, desenvolto dende a consultora Nós Igualdade, xa conta con 73 mulleres profesionais e emprendedoras no seu directorio.

Pero o proxecto non queda niso. A rede creada vai vivir o seu primeiro evento presencial este vindeiro sábado 25 de setembro. A xuntanza será de 10:30 a 12:30h no Restaurante Catro Perras de Corcubión e aínda os podedes inscribir en nosigualdade.com.

”A iniciativa Todas nós” xuntanza que nos fai especial ilusión pois materializa a nosa visión da necesidade de igualdade de oportunidades e promove a visibilización do papel fundamental que teñen as mulleres no desenvolvemento do medio rural”, explica Patricia Vaquero. “Porque TODAS NÓS naceu para visibilizar e por en valor o traballo e as aportacións á sociedade das mulleres rurais profesionais da Costa da Morte”.

”O encontro permitanos coñecernos, falar e falarnos. Compartir experiencias e inquietudes, crear comunidade, rede e alianzas, así como reflexionar en torno ao papel que queremos ter como mulleres profesionais e emprendedoras no rural. E de como articular a nosa comunidade”, explica.

Captura de pantalla 2021-09-20 a las 20.30.36Captura de pantalla 2021-09-20 a las 20.30.30Captura de pantalla 2021-09-20 a las 20.30.51
Algunhas das mulleres do directorio #TodasNós

NOVAS RELACIONADAS

comentarios