Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un novo concurso de Fotografía dende Corcubión

Un novo concurso de Fotografía dende Corcubión
Concurso de Fotografía - Corcubión 2012

Un ano máis o Concello de Corcubión organiza, esta vez en colaboración coa activa Universidade Cromática das Virtudes, o VII Concurso de Fotografía - Corcubión 2012. Un certame que xa recuperamos os anos pasados, que venceron Juan Louro e Juan Carlos TrabaNemiña.

A temática é libre, (a poder ser relacionadas con Corcubión), e haberá que presenta as obras (tamaño mínimo de impresión 20 x 30 cm), entre o 19 e o 30 de novembro no Concello de Corcubión. Poderanse presentar 3 imaxes.

Haberá 3 premios, un de 150@ e 2 de 50€, así como diversos premios en material fotográfico. Ademais, haberá unha exposición pública de todas as fotografías presentadas no espazo cultural da Capela do Pilar de Corcubión durante o nadal.

As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores/as no Concello de Corcubión a partires do día 7 de xaneiro de 2013.

Máis información

Novas relacionadas

  • Corcubión de Fotografía- Corcubión 2010: Entregados os premios co concurso fotográfico xacobeo de Corcubión.
  • Viaxando por Camariñas a golpe de Instagram.
  • Muxía abre o prazo para buscar ao sucesor de Ramón Caamaño.
  • A Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión.
  • Fonte

    • Concello de Corcubión.

    Comentarios