Martes. 17.09.2024
El tiempo

Un punto de luz ilegal volve provocar un cortacircuito entre o Concello de Corcubión e o electricista municipal

Un punto de luz ilegal volve provocar un cortacircuito entre o Concello de Corcubión e o electricista municipal
Punto de luz ilegal en Corcubion Punto de luz ilegal en Corcubión Seguen saltando as chispas na relación entre Concello de Corcubión e o seu electricista municipal. O último roce xorde a raíz dun informe, que non denuncia, que o propio electricista realizou a comezos deste mes de marzo sobre un proxector particular conectado á rede pública. O electricista Juan Carlos Sambade atopábase realizadno a revisión do alumeado público por todo o Concello cando reparou nun proxector privado, conectado á rede pública, situado no Camiño do Curro, no Vilar. “Espero que me diga se me diga se retiro este proxecto ilegal xa que está consumindo enerxía que pagan todos os veciños”, sinala o informe enviado ao Concello polo electricista, onde tamén invita ao alcalde Lalo Insua a preguntarse “quen ordenou colocar dito proxecto, que leva funcionando dende 2005, cando o AVIC e PSOE formaban unha coalición de goberno. Finalmente, dous días máis tarde, o Concello ordea a retirada do proxector particular. A cousa complicouse máis cando o alcalde actual sinalaba na prensa que a decisión de retirar o proxector tómase “a raíz dunha denuncia do electricista municipal”, cando o electricista matiza que foi “un informe, non unha denuncia”, de xeito que “me está enfrontando aos veciños coas súas palabras cando eu só fixen o meu traballo”. Vai máis alá Sambade e critica que o Concello non abra un expediente informativo do gasto que supuxeron estes 12 anos de luz pública gratuita para particular, e reitera a pregunta de “quen foi o que ordeou colocala”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios