Un verán de lecer para a mocidade de Corcubión
23:00 15/07/21
Xa van para dúas semanas do programa de conciliación Tempo de Lecer en Corcubión. Participan 59 menores que están ao cargo de 6 monitor@s, realizando actividades lúdicas, de concienciación medioambiental, de coñecemento do entorno natural e patrimonial ao mesmo tempo que se fomentan valores de igualdade, respecto, tolerancia, diversidade, bo trato, non violencia....
Un programa subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto. .