Martes. 19.03.2024
El tiempo

Vicente Bernal presenta o seu libro sobre o Carromeiro Chico

Presentacion Vicente Bernal
Vicente Bernal presenta o seu libro sobre o Carromeiro Chico

Este sábado 10 de xullo ás 12:30 horas da mañá, terá lugar a posta de longo e presentación no mítico local corcubionés A Gavilla, do libro “Carromeiro Mozo. Historia dunha baliza de lenda”, por parte do seu autor Vicente Jesús Bernal Tortos.

O escritor barbateño afincado na vila de San Marcos dende 2016, sacou o libro en febreiro, e por fin terá a súa presentación oficial tras un ano de intensa pandemia. O gaditano é un estudioso, investigador incansable e apaixonado da nosa historia, como demostra nos artigos publicados en QPC, afección que combina á perfección co seu cargo público como Xefe de Sección na Sudirección Xeral de Patrimonio do Ministerio de Defensa.

A Gavilla é un excelente local e o único histórico do Concello, posto que as súas orixes remóntanse ao extinto Condado de Altamira na Vila de Corcubión, máis de catro séculos de historia case cinco escóndense entre os muros deste mítico establecemento. A rexencia de Juan Cernadas, o seu magnífico trato como anfitrión, a música pinchada a bordo desta inusual “máquina do tempo” que ten a capacidade de transportarte tanto aos acantilados Escoceses; como aos montes celtas de densa néboa sen deixar de lado a música actual, decoración histórica e trato humano convérteno nun local diferente e cunha personalidade única na toda a comarca.

A presentación, si o tempo permíteo terá lugar no exterior do local na explanada sita fronte á Gavilla debidamente acondicionada e con todas as medidas de seguridade precisas, ou no interior do local seguindo tamén as citadas normas de seguridade en caso de condicións meteorolóxicas adversas, co aforo limitado neste caso.
Ao finalizar haberá pinchos para os asistentes.

Novas relacionadas

Artigos de Vicente Bernal en QPC

Comentarios