Volve un novo Xoves de Comadres en Corcubión


De hoxe nunha semana volverán as Comadres tomar Corcubión. Ollo pola noite, non sei deixen ver ata moi tarde porque son perigosas, atacan ás présas indefensas que na solitaria noite corcubionesa se deixan ver polas rúas... para comerte a base de risas e bo humor.
A verdade é que o Xoves de Comadres que leva organizando a Comisión da Muller do Bng en Corcubión dende hai 6 anos é todo un acontecimento. Recuperando esa tradicional celebración do Entroido xa esquencida na nosa comarca, "a idea xurdeo co obxectivo, por unha parte, de ampliar e facer máis variada a oferta festiva propia destas datas, recuperar a tradición e ó mesmo tempo reivíndicar as mulleres espazo e tempo de ocio propio", como nos conta Susana Trillo.
Todo para facer ademais xa un Un entroido triple en Corcubión...
E así chegamos ata a VI Xoves de Comadres, que celebrarán o vindeiro xoves, 7 de febreiro na vila de Corcubión, é un acto aberto ó que poden asistir tódalas mulleres que o desexen, e que xa se poden inscribir chamando ó número de teléfono 981 70 64 57, antes do martes 5 de febreiro. Iso si, obrigado ir cargada de pano e mandil, e calquer instrumento que faga festa e bó humor.
O programa é o seguinte:
- Ás 21:00 hrs, xuntaza de comadres na Praza de Castelao, benvida, pequena foliada e pasarrúas ( se o tempo acompaña).
A partires das 21:30 hrs, Cea de Entroido no Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión. Prezo do menú: 20 € (laconada, filloas, orellas,...).
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.