Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuntanza en Corcubión sobre as axudas para a rehabilitación á vivenda e seguridade en

Maria Rivas nunha vivenda rehabilitada de Corcubion
Maria Rivas nunha vivenda rehabilitada de Corcubión, acompañada pola Concelleira e o alcalde
Xuntanza en Corcubión sobre as axudas para a rehabilitación á vivenda e seguridade en

Recibía onte o Concello de Corcubión a visita da subdelegada do goberno. María Rivas destacou que a vila de San Marcos é unha das beneficiarias das Axudas a rehabilitación e renovación de vivendas do Ministerio de Transportes, dispoñendo de 240.000€ de investimento público (o Concello terá que poñer 60.000 e a Xunta 37.000; e sumarlle 131.000 de investimento privado) para actuacións na Área de Rehabilitación Integral (ARI).

Desde o propio Concello, que é o órgano encargado de xestionar a convocatoria destas axudas, confirmaron á subdelegada que recibiron un total de 12 solicitudes de subvencións de rehabilitación ou renovación.<(p>

Mellora do Cuartel

A subdelegada lembrou igualmente que este mismo ano o Goberno anunciou o investimento de cerca de 2 millóns de euros para a remodelación exterior e interior do cuartel da Garda Civil de Corcubión, co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética ata conseguir un aforro do 30%. As obras, aínda pendentes de inicio, deberán estar finalizadas en 24 meses.

Maria Rivas no Cuartel de Corcubion
María Rivas no Cuartel de Corcubión

Xunta de seguridade para as festas

Igualmente celebrouse xunta de seguridade local, pensando en citas como o Mercado Medieval. O alcalde solicitou apoio aos mandos policiais para o verán, especialmente na festa do mercado medieval de Corcubión, a desenvolver o 22, 23 e 24 de xullo, no que se prevé unha grande afluencia de xente.
Desde a subdelegación houbo un compromiso claro de reforzar a seguridade nesa fin de semana en Corcubión, enviando patrullas da Garda Civil tanto uniformados como algún de paisano, para protexer aos visitantes, entre outras cousas, dos carteristas que soen aproveitar estes eventos multitudinarios para actuar.

Comentarios