150 pequenos ciclistas participaron no Día da Bici de Santa Comba
Que importante é seguir espallando o uso da bicicleta pola bisbarra. Non só como deporte, se non tamén como vehículo de transporte. Os Días municipais das Bicicleta son unha boa excusa para sacar as dúas rodas á rúa e perderlle o medo, para despois sacala a facelos recados e demais.
O Día da Bicicleta de Santa Comba contou coa participación dunhas 150 persoas, na súa maioría nenos e nenas. Os participantes realizaron un percorrido de corenta kilómetros, desde o campo da feira ata a praia fluvial de Esmorode. O traxecto pasou polas ribeiras do río Xallas, o que serviu a moitos participantes de punto de refresco.
A calor deste domingo, non impediu que os ciclistas remataran o percorrido. Ao evento asistiu o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo que entregou o trofeo ao participante mais novo, Jorge Feal (4 anos) e ao máis veterano, Rafael Suárez (68 anos).
Tódolos ciclistas foron agasallados cunha camiseta de participación e cunha churrascada na praia fluvial de Esmorode. A iniciativa foi coordinada desde a Oficina de Deportes e contou coa colaboración da Policía Loca e Protección Civil. O percorrido foi elaborado por Adriano Garabal (membro da Policía Local) e pola Técnica Municipal de Deportes Elisa Capelo. O evento estivo patrocinado,un ano máis, por Motos López.
Máis actividades
Hoxe, 3 de setembro, é o último día para inscribirse na viaxe a Arxentina.
Ademais, os Empresarios de Santa Comba, coa colaboración do Concello arman para o 5, 6 e 7 de setembro unha ExpoXallas no Recinto Feiral de Santa Comba, con maquinaria agrícola, servizos, moblería, gastronomía, hostalería, artesanía…