Xoves. 25.04.2024
El tiempo

209.000 euros provinciais para a modernización da piscina da Rocheira

piscina da Rocheira-Coristancio
209.000 euros provinciais para a modernización da piscina da Rocheira
A Deputación da Coruña financia integramente, a través do Plan Único, o proxecto para renovar as instalacións da piscina municipal da Rocheira, no Concello de Coristanco, que conta cun orzamento de 209.479 euros.

Esta actuación ten o obxectivo de crear un deseño máis actual para as dúas piscinas, dotándoas dunha nova zona de praia e duchas así como mellorar as instalacións de depuración da mesma e acondicionar os vestiarios para facelos accesibles.

Na zona de piscinas os traballos inclúen a realización de praias con baldosas de gres antideslizante, o pintado do fondo e das paredes dos vasos, a realización de novas duchas exteriores e a instalación dun ascensor acuático hidráulico.

Actuarase nos vestiarios e pintarase a fachada e no espazo exterior xunto ás piscinas demolerase parcialmente o peche perimetral para instalar outro con paneis de malla electrosoldada e colocarase novo mobiliario como papeleiras, mesas e bancos.

Comentarios