Martes. 16.07.2019
El tiempo

ELECCIÓNS

8 posibles candidaturas para o sainete municipal de Coristanco

Viñeta que ilustra o Boletín de TEGA sobre a politica municipal de Coristanco
Viñeta que ilustra o Boletín de TEGA sobre a politica municipal de Coristanco
8 posibles candidaturas para o sainete municipal de Coristanco

Apenas 3 meses quedan para as eleccións municipais do 26 de maio e hai concellos nos que aínda non se coñece nin a grella de saída. Un claro exemplo é Coristanco, que leva unha lexislatura de auténtico sainete, e que a día de hoxe aínda non sabe que siglas van competir pola alcaldía.

Unha alcaldía, que por certo, non ten siglas, despois de que tanto o alcalde Abraham Gerpe, socialista naquel momento, como os 6 edís populares que o apoiaron naquela a esperpéntica moción de censura, foran expulsados dos seus partidos, formando así un goberno “mixto”.

Un goberno que se foi desmembrando, pois o teniente alcalde, (“o verdadeiro alcalde”, como lle dicían a Pensado Plágaro) deixaba orfo ao seu protexido no poder, ao tempo que a súa vida xudicial invadía a realidade municipal.

A día de hoxe hai moitas cábalas, sobre como se van presentar os posibles candidatos, pero o claro é que todo o mundo está tendo verdadeiros problemas para xuntar unha lista de alomenos, 13 nomes. Normal… quen se quere meter a día de hoxe en política nun lugar así?

Radiografía

A día de hoxe a radiografía podería ser a seguinte, con ata 8 posibles candidaturas no aire:

Pensado Plágaro segue xuntando xente para a súa candidatura independiente. O que foi durante 24 anos alcalde do PP, será un dos poucos que non teña problemas para xuntar unha lista gracias a tantos anos de clientelismo.

Mentres, o PP parece reforzarse como así o fixo trala triple presentación do seu novo candidato Juan Carlos García. Un García que ademais verase arroupado dende a base, gracias á creación este pasado sábado da nova agrupación de Novas Xeracións de Coristanco, da man de Úrsula Abelenda.

TEGA parece a única lista case perfilada, con algunha renovación, pero seguindo a liña que os o levou ao goberno en 2015, cando contou co apoio dun PSOE e un BNG que se foron baixando do carro ante a falta de consenso coa alcaldía. Amancio Lavandeira sente, a día de hoxe, que “a xente tómanos como favoritos e está facendo a lista para batirnos”.

O BNG busca sustituto para Laura Mariño, unha das poucas voces con sentido no pleno coristanqués nestes anos. Parece que, en todo caso, lista e candidato van haber.

Abraham Gerpe segue buscando siglas e xente cos que presentarse, despois da negativa de Ciudadanos.

Precisamente en Ciudadanos, aínda sen candidato oficial ata a primeira semana de marzo, soa o nome de Javier Álvarez Villar como posible nº1.

O que si haberá é Marea, pois Juan Carlos Abelenda está xuntando unha lista moi nova.

Parece que o PSOE vai conseguir presentar candidatura. “Hai pouca militancia pero hai moitos simpatizantes e xente activa. así á espera de confirmar nomes, con toda seguridade haberá lista en Coristanco”, confírmanos o Coordinador comarcal José Antonio Viña.

Situación municipal

Aproveitamos o repaso e recollemos as denuncias de TEGA sobre a situación do goberno municipal:

  • Un goberno que ten paralizado o Concello.
  • Un goberno que non escoita nin apoia aos veciños (Afectados pola falta de pediatra, afectados polo parque eólico…)
  • Apróbanse ordenanzas que favorecen ás grandes empresas ainda que supoña perder máis de 3 millóns de euros de ingresos para o Concello (Case o presuposto municipal dun ano).
  • Abandono das infraestructuras municpais (Depuradoras de Cereo, Portoquintáns, Conles, abastecemento de auga…)
  • Contrátanse empresas en vez de traballar cos empregados do Concello.
  • Un goberno en descomposición, do que escapan os que apoiaron a moción de censura.
  • Un goberno controlado e manexado, cómo non, por Antonio Pensado, principal beneficiado desta desfeita municipal.
  • Un alcalde “de vacacións”. En dous anos no cargo apenas traballou un.

 

Novas relacionadas

Máis novas do sainete coristanqués

NOVAS DE CORISTANCO

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios