Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca

Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca

Pensado Plagaro ex rexedor de Coristanco polo PP Nova sesión de declaracións a que tivo que pasar onte o actual teniente alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro. Foi no marco da Operación Pataca, e xunto a el pasou polo Xulgado nº1 de Carballo un responsable do grupo de empresas Maracaná, principais promotores da suposta trama de licitación irregular de obras pola que a Fiscalía solicita para Plágaro 4 anos e medio de cárcere e 36 de inhabilitación. Unha vez aberto o xuízo oral, toca ir esclarecendo esta complicada trama pola que, supostamente “a dedo”, o ex alcalde adxudicou o 70% das obras entre 2009 e 2013 ao mesmo grupo empresarial, por un montante de máis 2,5 millóns de euros. En todo caso, fontes achegadas aseguran que esta non será a única denuncia á que teña que afrontar o voceiro popular. E mentres seguimos á espera de saber se volverá ser, por oitava vez, o candidato do PP ás municipais do vindeiro 2019, aínda que ten un expediente aberto pola Provinciald grupo Popular, xunto cos 6 edís que apoiaron a moción de censura de Gerpe.

Novas relacionadas

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios