ELECCIÓNS
8 posibles candidaturas para o sainete municipal de Coristanco

Apenas 3 meses quedan para as eleccións municipais do 26 de maio e hai concellos nos que aínda non se coñece nin a grella de saída. Un claro exemplo é Coristanco, que leva unha lexislatura de auténtico sainete, e que a día de hoxe aínda non sabe que siglas van competir pola alcaldía.
Unha alcaldía, que por certo, non ten siglas, despois de que tanto o alcalde Abraham Gerpe, socialista naquel momento, como os 6 edís populares que o apoiaron naquela a esperpéntica moción de censura, foran expulsados dos seus partidos, formando así un goberno “mixto”.
Un goberno que se foi desmembrando, pois o teniente alcalde, (“o verdadeiro alcalde”, como lle dicían a Pensado Plágaro) deixaba orfo ao seu protexido no poder, ao tempo que a súa vida xudicial invadía a realidade municipal.
A día de hoxe hai moitas cábalas, sobre como se van presentar os posibles candidatos, pero o claro é que todo o mundo está tendo verdadeiros problemas para xuntar unha lista de alomenos, 13 nomes. Normal… quen se quere meter a día de hoxe en política nun lugar así?
Radiografía
A día de hoxe a radiografía podería ser a seguinte, con ata 8 posibles candidaturas no aire:
Pensado Plágaro segue xuntando xente para a súa candidatura independiente. O que foi durante 24 anos alcalde do PP, será un dos poucos que non teña problemas para xuntar unha lista gracias a tantos anos de clientelismo.
Mentres, o PP parece reforzarse como así o fixo trala triple presentación do seu novo candidato Juan Carlos García. Un García que ademais verase arroupado dende a base, gracias á creación este pasado sábado da nova agrupación de Novas Xeracións de Coristanco, da man de Úrsula Abelenda.
TEGA parece a única lista case perfilada, con algunha renovación, pero seguindo a liña que os o levou ao goberno en 2015, cando contou co apoio dun PSOE e un BNG que se foron baixando do carro ante a falta de consenso coa alcaldía. Amancio Lavandeira sente, a día de hoxe, que “a xente tómanos como favoritos e está facendo a lista para batirnos”.
O BNG busca sustituto para Laura Mariño, unha das poucas voces con sentido no pleno coristanqués nestes anos. Parece que, en todo caso, lista e candidato van haber.
Abraham Gerpe segue buscando siglas e xente cos que presentarse, despois da negativa de Ciudadanos.
Precisamente en Ciudadanos, aínda sen candidato oficial ata a primeira semana de marzo, soa o nome de Javier Álvarez Villar como posible nº1.
O que si haberá é Marea, pois Juan Carlos Abelenda está xuntando unha lista moi nova.
Parece que o PSOE vai conseguir presentar candidatura. “Hai pouca militancia pero hai moitos simpatizantes e xente activa. así á espera de confirmar nomes, con toda seguridade haberá lista en Coristanco”, confírmanos o Coordinador comarcal José Antonio Viña.
Situación municipal
Aproveitamos o repaso e recollemos as denuncias de TEGA sobre a situación do goberno municipal:
- Un goberno que ten paralizado o Concello.
- Un goberno que non escoita nin apoia aos veciños (Afectados pola falta de pediatra, afectados polo parque eólico…)
- Apróbanse ordenanzas que favorecen ás grandes empresas ainda que supoña perder máis de 3 millóns de euros de ingresos para o Concello (Case o presuposto municipal dun ano).
- Abandono das infraestructuras municpais (Depuradoras de Cereo, Portoquintáns, Conles, abastecemento de auga…)
- Contrátanse empresas en vez de traballar cos empregados do Concello.
- Un goberno en descomposición, do que escapan os que apoiaron a moción de censura.
- Un goberno controlado e manexado, cómo non, por Antonio Pensado, principal beneficiado desta desfeita municipal.
- Un alcalde “de vacacións”. En dous anos no cargo apenas traballou un.
Novas relacionadas
- Laura Mariño non será a candidata do BNG de Coristanco.
- Haberá Marea nas convulsas municipais de Coristanco:
- Juan Carlos García foi presentado como candidato do PP de Coristanco.
- Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca.
Máis novas do sainete coristanqués
- Maio 16: O 70% das obras de Coristanco entre 2009 e 2013 recaeron no mesmo grupo empresarial.
- Abril 18: O “dedo” adxudicador de Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
NOVAS DE CORISTANCO
- Marzo 18: Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?.
- Marzo 18: Coristanco esquece a couza da pataca e só terá un pleno cada dous meses.
- Marzo 18: As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Febreiro 18: Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- 30-01-18: Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016.
- 25-08-17: O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco.
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.