Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta licitará en breve as obras de mellora da estrada AC-406 entre Santa Comba e Santiago

A Xunta licitará en breve as obras de mellora da estrada AC-406 entre Santa Comba e Santiago
Ethel Vazquez con Maria Pose alcaldesa de Santa Comba A Conselleira Ethel Vazquez con Maria Pose, alcaldesa de Santa Comba

No mes de novembro, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará a primeira fase das obras de mellora da estrada AC-406, que comunica esta vila coruñesa con Portomouro e Santiago de Compostela. Así llo comunicaba a Conselleira Ethel Vázquez esta mañá á alcaldesa María Pose.

Unha actuación, ao longo duns 2 quilómetros, entre o Parque Empresarial e o núcleo de Abuín, que suporá a execución dunha vía de novo trazado, unha variante, que lle permitirá, aos veciños e usuarios evitar a travesía actual do núcleo de Salgueiroas, co que supón de comodidade e de redución de tempo de percorrido. Ademais, suporá un reforzo considerable da seguridade viaria, xa que o treito que se mellorará ten un trazado sinuoso, con curvas pechadas, interseccións con visibilidade reducida e beiravías estreitas.
Este proxecto prevé que os núcleos de Salgueiroas e a parroquia de San Pedro de Ser queden perfectamente conectados coa nova vía, e a execución de dúas interseccións: unha para conectar o núcleo de Salgueiroas coa variante; e outra, para o acceso ao parque empresarial de Santa Comba, que se fará a través dunha glorieta.

A primeira fase destas obras suporá un investimento por parte da Xunta de Galicia de máis de 4,3 millóns de euros tendo en conta tamén as expropiacións. Ademais, tamén se levará a cabo a construción dos pasos inferiores necesarios e dun viaduto para salvar o Rego da Bouza.

Paralelamente á execución desta actuación, traballarase tamén na redacción do proxecto correspondente á 2ª fase de mellora da estrada, entre Abuín e Faílde.

onte
    li>Xunta.

Comentarios