Luns. 14.10.2024
El tiempo

Aberta a licitación da senda peonil entre Carballo e Coristanco

As obras comezarán a finais da primavera e deberían estar rematadas antes de final de 2021
20201222 Carballo Coristanco
Aberta a licitación da senda peonil entre Carballo e Coristanco

Hai ano e medio que a Xunta anunciaba a senda peonil e ciclista entre Carballo e Coristanco. Hoxe dábase un paso máis, co anuncio da licitación, por máis de 1 millón de euros, das obras do novo itinerario. Unha obras que completa as establecidas no Plan de Sendas de Bergantiños.

As empresas teñen ata o vindeiro 26 de xaneiro para presentar as súas ofertas. Deste xeito, as obras empezarán a finais da primavera e contan cun prazo de execución de 8 meses, polo que deberían estar rematadas antes de final de 2021.

20201222 senda Carballo 2

Os datos

O itinerario de preto de 2,5 km de lonxitude iniciarase á saída de Carballo e rematará no punto no que comezan as beirarrúas do municipio veciño de Coristanco.
Prevense dous treitos, actuando tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito.
Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata o núcleo de Coristanco.
Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo, de aproximadamente 600 metros.

Co obxectivo de darlle continuidade ao itinerario sobre o río Grande, executarase unha pequena pasarela adosada ao viaduto existente.
O proxecto tamén prevé traballos de pavimentación, drenaxe de augas pluviais, xunto coa execución dalgúns servizos en previsión de futuras canalizacións de telecomunicacións e alumeado.

Novas relacionadas

Comentarios