Venres. 29.03.2024
El tiempo

Afectados polos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural presentan alegacións á L.A.T.

Pancarta en contra da LAT en Tordoia
Pancarta en contra da LAT en Tordoia
Afectados polos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural presentan alegacións á L.A.T.

Continúan en marcha a pesar dos numerosos movementos veciñais, os proxectos dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. Uns proxectos que levan adheridos as súas liñas de Alta Tensión (L.A.T.), que dan saída á enerxía xerada polos viraventos dende O Campelo (Coristanco) ata o Mesón do Vento (Ordes), e que cada vez xeran máis rexeitamento ao atravesaren zonas habitadas.

Así o denuncian as persoas afectadas do “megaproxecto” bergantiñán, que ademais veñen de presentar alegacións denunciando que a Liña ten irregularidades. En concreto, estes días está en exposición pública a modificación do proxecto da L.A.T. o cal, consideran as veciñas e veciños que presenta varias irregularidades ademais dos danos paisaxísticos e medioambientais que poderían ser irreparables.

A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural entende que xa unha liña de alta tensión que vai dende Vimianzo ata o Mesón do Vento. Conectar o Campelo con esta liña existente suporía a instalación de 4km de cable, fronte aos practicamente 40 que implica o proxecto actual que ademais irían paralelos á outra liña

Afección á lagoa de Alcaián

Consideran por exemplo que a liá sairía do Campelo, en Coristanco, xusto ao carón da Lagoa de Alcaián, en pleno entorno da Braña Rubia, lugar catalogado como de especial protección paisaxística e con varias especies protexidas, tanto animais como vexetais, e mesmo algunhas catalogadas en perigo de extinción e que só se poden atopar neste lugar do planeta.

O prazo para presentar alegacións remata este martes18.

bty
Veciña de Carballo entregando alegacións á Lila de Alta Tensión dos parques eólicos do Bustelo, Campelo e Monte Toural 

Novas relacionadas cos Eólicos

Comentarios