Afectados polos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural presentan alegacións á L.A.T.
Continúan en marcha a pesar dos numerosos movementos veciñais, os proxectos dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. Uns proxectos que levan adheridos as súas liñas de Alta Tensión (L.A.T.), que dan saída á enerxía xerada polos viraventos dende O Campelo (Coristanco) ata o Mesón do Vento (Ordes), e que cada vez xeran máis rexeitamento ao atravesaren zonas habitadas.
Así o denuncian as persoas afectadas do “megaproxecto” bergantiñán, que ademais veñen de presentar alegacións denunciando que a Liña ten irregularidades. En concreto, estes días está en exposición pública a modificación do proxecto da L.A.T. o cal, consideran as veciñas e veciños que presenta varias irregularidades ademais dos danos paisaxísticos e medioambientais que poderían ser irreparables.
A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural entende que xa unha liña de alta tensión que vai dende Vimianzo ata o Mesón do Vento. Conectar o Campelo con esta liña existente suporía a instalación de 4km de cable, fronte aos practicamente 40 que implica o proxecto actual que ademais irían paralelos á outra liña
Afección á lagoa de Alcaián
Consideran por exemplo que a liá sairía do Campelo, en Coristanco, xusto ao carón da Lagoa de Alcaián, en pleno entorno da Braña Rubia, lugar catalogado como de especial protección paisaxística e con varias especies protexidas, tanto animais como vexetais, e mesmo algunhas catalogadas en perigo de extinción e que só se poden atopar neste lugar do planeta.
O prazo para presentar alegacións remata este martes18.
Veciña de Carballo entregando alegacións á Lila de Alta Tensión dos parques eólicos do Bustelo, Campelo e Monte Toural
Novas relacionadas cos Eólicos
- A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- "Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas”.
- Novembro 18: A Plataforma contra os eólicos de Bergantiños entrega 1.200 sinaturas.
- Outubro 18: A veciñanza de Coristanco, Carballo e Santa Comba desafiou aos eólicos... e ao temporal.