Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os alumn@s do CPI Xosé Pichel convírtense en activistas radiofónicos con Agareso

Agareso no CPI Xose Pichel de Coristanco radio
Sesión de gravación con Eloi Fernández e Verónica Couto (ambos á esqueda)
Os alumn@s do CPI Xosé Pichel convírtense en activistas radiofónicos con Agareso

Aprendizaxe multidisplinar o que disfruta este curso o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Gracias a un profesorado implicado e motivado, o centro bergantiñán entrou dentro do Programa Activistas polo mundo queremos , enmarcado no Proxecto Proxecta e desenvolto, neste caso, pola activa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso).

Este martes o alumnado, facendo de verdadeiros reporteiros de investigación, realizaron a gravación en “falso directo” dun programa de radio vencellado co activismo social.

A actividade comezou en novembro, coa realización duns talleres nos que se presentaba o concepto de comunicación transformadora, e nos que se traballa a parte da redacción, peza fundamental no traballo xornalístico. Nesas sesións fixemos un repaso do que implica o activismo, presentamos o proxecto e os temas que podían escoller: racismo, LGTBIQ fobia, feminismo, e activismo ambiental”, explícanos o educador social larachés Eloi Fernández, que xunto á tamén educadora cabanesa Verónica Couto son os responsables de Agareso para desenvolver o proxecto.

Sesions de redaccion no CPI Xose Pichel do proxecto de Agareso 1
Sesións de redacción

A segunda sesión foi a través da plataforma virtual Moodle, e serviu para escoller as temáticas e comezar a afondar sobre elas. “Houbo variedade pero unha parte si que tirou polo activismo medioambiental máis global, analizando temas de consumismo, industria textil, contaminación dos océanos… A verdade é que crearon, coa axuda dos profes, uns guión traballados e moi interesantes nada banais, afondando bastante, realizando, por exemplo varios listados de empresas máis contaminantes do país. Cremos que é algo xera unha aprendizaxe singificativa, que os profes implicados poden adaptar aos contidos das súas materias”, apunta Eloi. “É unha aprendizaxe multidisciplinar porque tamén melloran no uso de ferramentas TIC, teñen que profundizar, escribir, quitan os medos de falar en público…”

Agareso no CPI Xose Pichel de Coristanco radio 3
Gravando

E por fin, este xoves, chegaba a cuarta sesión, a da gravación. “Son adolescentes e pode parecer que non lles gusta facer nada, pero si que se nota que lles gusta moito a radio e as temáticas. Hoxe palpábanse os nervios do directo, e estaban preguntando que pasaba se se equivocaban…”

Ademais, a sesión serve tamén para que uns se escoiten aos outros, de xeito que aprenden as temáticas que se cadra, non lles tiraban tanto ao principio, pero que teñen que escoitar da boca dos seus compañeiros, que sempre impacta máis.

Eses podcasts serán subidos ás plataformas de ivoox e spotify (ademais de nas redes sociais @omundoquequeremos) para consumo aberto, e poderán volver escoitarse a si mesmos e aos seus compañeiros nesas investigacións.

Agareso no CPI Xose Pichel de Coristanco
Escoitándose

Visita

A seguinte parada será recibir a visita de dúas activistas de Honduras nas materias de feminismo e medio ambiente. A sesión será á volta de Semana Santa, primeiro cunha parada previa na aula virtual para ir investigando e que a visita propiamente dita sexa máis interactiva. “Imos facerlle cruzar medio mundo, así que que vexan que temos interese en coñecelas”.

10ª edición e un certame

Este 2023 é a 10º edición de "Activistas polo mundo queremos”, na que participan, 600 adolescentes que dende Pontevedra, Oleiros, Vigo e Coristanco. Un proxecto de educación que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) coa colaboración de Feitoría Verde e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, no marco do do Plan Proxecta.

E para celebrar a 10ª edición, o proxecto inclúe unha especie de certame, no que van escoller unha reportaxe gañadora. O subgrupo autor desa reportaxe poderá participar nunha excursión cun encontro lúdico e unha visita ás instalacións da Radio Galega.

Comentarios