O programa completo da 43ª Festa da Pataca de Coristanco

Xa non queda nada para 43ª edición da Festa da Pataca de Coristanco. O Concello facía onte a presentación oficial desta singular festa dun produto que "simboliza o esforzo, a identidade e o orgullo colectivo" de toda unha comarca,
Unha celebración, que se desenvolverá os 20 e 21 de setembro, para reforzar a identidade local, para dinamizar a economía e o rural, e para fortalecer a comunidade.
A Festa volverá ser un bulir de gastronomía, música, cultura, tradición e convivencia, con eventos tan singulares como o xa mítico Desfile de Tractores Engalanados da mañá do domingo.
Pero ademais, este ano estrean o Encontro de Pobos Pataqueiros, unha iniciativa pioneira para tender pontes con outros territorios produtores, compartindo experiencias, coñecementos e ilusións, pensando en que "o futuro do rural constrúese conxuntamente, unindo tradición e innovación".
Dende o Concelllo agradecen a todos os que fan posible esta Festa de Interese Turístico de Galicia, como son agricultores, veciños, asociacións, hosteleiros, voluntarios e institucións.