Antonio Landeira recibiu o apoio da cúpula do PP
Continúa o Partido Popular preparando as súas delegacións municipais ao longo do país. Se xa realizou movementos e presentacións no sur da bisbarra e na comarca de Bergantiños, pensando nas Eleccións Europeas deste mes de maio, o pasado venres tocaba Santa Comba.
Ata o mesmo Núñez Feijoo se achegaba pola capital xalleira xa traéndonos o que consideran "boas novas" sobre o crecemento de Galicia.
Así, no congreso, os militantes do Partido Popular elixiron a Antonio Landeira como presidente do comité local de Santa Comba. Un Landeira que era calificado polo alcalde da Coruña como "unha persoa comprometida cos veciños e cuxa única prioridad é esforzarse para que o municipio siga progresando económica e socialmente", ao tempo que agradeceu o traballo levado a cabo por José Toja durante tantos anos, que foi proposto como Presidente de Honra do partido.
Landeira asegurou que quere estar "preto dos veciños", aos que definiu como "os mellores asesores que se poden ter".
Novas relacionadas
- O PP comeza a renovación das xuntas locais do sur da bisbarra.
- O PP de Bergantiños prepárase para as Europeas e as Municipais 2015.
Fonte
- Nota de prensa do PP provincial.