Avanzan as obras do Centro Interxeracional no esquecido edificio da Rocheira
12:09 05/03/21
Se onte dabamos conta da posta en marcha do proxecto do Museo da Pataca, hoxe o concello de Coristanco informa sobre o avance das obras do Centro Interxeracional.
Un proxecto que conta coa axuda da Xunta, de 120.000€ (entre 2020 e 2021), que servirá para acondicionar un edificio esquecido situado na zona da Rocheira, ao carón da área recreativa fluvial, da piscina e do campo de fútbol. O Concello, que xestionará o edificio (de 447m2), ofrecerá recursos e actividades para maiores e tamén para mozas e mozos.
Van xa 20 anos de esquecemento dende a súa construción os que sofre este edificio, dando conta da falta de criterio da administración local para aproveitar os seus recursos durante tanto tempo.
O edifico da Rocheira leva anos esquecido