Case lista a nova senda fluvial por Verdes
22:58 20/07/21
48.000€ empregou a Xunta para adecentar 1,4 km de senda peonil á beira do Anllóns dende o Refuxio de Verdes. Unha verdadeira xoia da nosa natureza que xa percorrimos nos nosos Recunchos que agora, en canto rematen as obras a finais de mes, quedará moito máis transitable para todas as idades.
Ademais da limpeza, estase realizando a mellora e pavimentación do recorrido peonil así como a incoporación de accesos desde o viais asfaltados mediante pasarelas ou rampas de madeira.