Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Coristanco ponse a andar para loitar contra o cancro

Andaina contra o cancro Coristanco
Coristanco ponse a andar para loitar contra o cancro

Un éxito están a ser as Andainas solidarias na Costa da Morte. Comprobámola esta pasada fin de semana en Camariñas coa Andaina pola Ataxia, e de feito, este domingo 2 a Asociación xalleira Unha amiga sabe ver que precisas unha aperta” organiza a súa andaina solidaria por Santa Comba.

Tamén este domingo 2, e co gallo do Día Mundial do Cancro de Mama (19 de outubro), o Concello de Coristanco tínguese de rosa para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.

Artella a Terceira Andaina Solidaria contra o cancro de mama, cun percorrido de 3 km que dará comezo ás 10:00h con saída dende a Praza da Igrexa de Seavia. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 30 de setembro ás 12 horas, polas seguintes canles: 651 66 49 08 / 665 29 41 94; ou de forma presencial: Biblioteca Municipal. A saída será Praza da Igrexa de Seavia e visitaranse os penedos de Penavia.

Comentarios