Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Coristanco promove ás Letras Galegas co VII Certame Asunción Antelo

Letras Galegas 2023 Coristanco
Coristanco promove ás Letras Galegas co VII Certame Asunción Antelo

A Biblioteca Municipal de Coristanco quere lembrar a figura da Rexoubeira de Bergantiños co gallo do Día das Letras Galegas. Faino convidando á rapazada a participar no VIII Certame Asunción Antelo, artellado polo Concello en colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira.

Asunción Antelo converteuse nun referente artístico e literario grazas a súa gran bagaxe e legado cultural formado por innumerables obras de madeira, pedra e barro; e da que afloraron tamén ringleiras de versos froito da súa vizosa creatividade. Asunción representa a ruptura dos estigmas das mulleres do rural, como ela mesma dicía, “Eu nacín antes de tempo”. Artista multidisciplinar, lenda da comarca de Bergantiños, mantense viva na lembranza de todos cun pano na cabeza e vestidiña de negro, gardando cadernos de versos ou textos en prosa onde deixou recollido o seu imaxinario mundo creativo.

Para que ningún neno quede sen coñecela, pode presentar a súa creación (Cómic, Narrativa, Poesía, Monográfico ou Debuxo) ata o 15 de maio no CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira.
A entrega de premios será o 26 de maio.

Contacontos

Ademais, o 15 de maio, ás 18h, Caxoto leva a Coristanco "Unha galaxia che de letras galegas”.

Igualmente, o propio mércores 17 de maio, organízase narrativo que percorre os espazos vitais e literarios da Rexubeira de Bergantiños. Este percorrido levaranos ata o fermoso mural de Miguel Anxo Calvo sito en Seavia onde se realizará un recital para homenaxear á escritora local.

 

Máis info: Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios