Coristanco solidarízase coas familias necesitadas polo Nadal

15:41 27/12/19
Coa chegada do Nadal, o Concello de Coristanco uniuse por unha boa causa e solidarizouse cos máis desfavorecidos. Grazas á colaboración da cidadanía, tanto das parroquias como do pobo polas contribucións ás institucións sociais de axuda aos máis necesitados, estanse a entregar durante estes días de Nadal máis de 37 paquetes de alimentos ás familias desfavorecidas do municipio.
Segundo afirma o párroco da localidade, Don Manuel, o alcalde e mais el só teñen "palabras de agradecemento e recoñecemento cara o pobo de Coristanco pola súa solidariedade".