Coristanco súmase ao Parque do Megalitismo co dolmen de Chan das Embarradas

16:59 29/11/21
Ademais de A Laracha, Cabana, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas, Coristanco é o 11º concello que se suma ao Parque do Megalitismo. Faino trala aprobación do Consello de Dirección foi do proxecto, gracias á incorporación do dolmen do Chan das Embarradas.
O Consello aprobou tamén o estudo de sinalización para o conxunto de todos os bens patrimoniais, cun orzameno de 58.000 euros máis IVE e seguindo os criterios estéticos e de cores do manual autonómico de indentidade corporativa para este tipo de elementos.
Aprobouse tamén o estudo definitivo do prezo de compra dos 16 xacementos que conforman o proxecto, tamén coa vista posta no horizonte temporal do exercicio 2022.
Os Bens
- Carballo: Pedra Moura de Aldemunde.
- Dumbría-Vimianzo: Casa dos Mouros ou Pedra da Arca.
- Laxe: Fornela dos Mouros.
- Malpica: Pedra da Arca.
- Mazaricos: Mina da Parxubeira.
- Vimianzo: Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta , Casota de Berdoias , Arquiña de Vilaseco, Pedra da Lebre de Serramo, Mina de Recesindes e Arca de Rabós.
- Zas: Pedra Vixía, Arca da Piosa.
- Cabana de Bergantiños: Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.
- A Laracha: Menhir de Erboedo.
- Coristanco: Dolmen de Chan da Embarrada.
- Ponteceso: Menhir de Fuso da Moura.
Novas relacionadas
- Maio 21: O Parque do Megalitismo avanza coa organización dunhas xornadas e o acordo para sinalizar os 17 momumentos.
- 12-04-21: A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas.
- Decembro 20: A pandemia tamén provocou o eterno retraso do Parque do Megalitismo.
- Novembro 2018: O Parque do Megalitismo dá pasos concretos.
- Novembro 2018: O Parque do Megalitismo, cada vez máis cerca.
- Marzo 2018: A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte:
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Outubro 2011: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- Xullo 2008: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.