Xoves. 06.08.2020
El tiempo

O CRA de Coristanco estreará invernadoiro

Novo invernadoiro do CRA de Coristanco
Novo invernadoiro do CRA de Coristanco
O CRA de Coristanco estreará invernadoiro

Tardarán en velo e disfrualo os cativos, pero o novo invernadoiro do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Coristanco xa está preparado para producir. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), rematou a construción a semana pasada, dun espazo de 24 metros cadrados para que os peques disfruten da produción ecolóxica.

O centro coristanqués é ideal para introducir a actividade agraria no proceso escolar, levando ao centro escolar os coñecementos adquiridos nas actividades da horta familiar e ao revés, que os saberes adquiridos no colexio se introduzan nas prácticas agrarias das familias, xa sexan profesionais da agricultura ou non.

Obras sobre o Río Vao

Hoxe luns comezan as obras de paso sobre o río Vao, en Coristanco, para facilitar o acceso ás fincas nun camiño de servizo da autovía da Costa da Morte. Actuarase no camiño de servizo da marxe dereita da autovía para permitir un aforro nas distancias percorridas para acceso ás fincas, ás que actualmente se debe acceder por un lugar distinto de cada marxe do río. As obras deberían estar listas nun mes.

comentarios