venres. 13.06.2025
El tiempo

Destapada unha rede de pelexas ilegais de galos en Coristanco

Pelexas ilegais de galos en Coristanco
Destapada unha rede de pelexas ilegais de galos en Coristanco

A Unidade de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil da Coruña, en colaboración coa Garda Civil do Posto Principal de Carballo e a Patrulla de Protección da Natureza de Milladoiro, investiga a 4 veciños de Coristanco como presuntos autores dun delito de malos tratos animais na fase de explotación da operación Lecoq, ao destapar un lugar de pelexas ilegais de galos. 

Tras localizar o posible lugar da celebración do mesmo, os gardas civís actuantes comunicaron o feito aos efectivos do Seprona, por ser a especialidade competente na materia, acudindo estes inmediatamente á localización indicada.
Unha vez no punto localizaron un galpón no que se escoitaba un forte cacarexo de galos, polo que procederon á inspección do lugar en compañía da propietaria do terreo.
No transcurso da inspección localizaron numerosos galos de raza combatente español, aparentemente preparados para pelexar, xa que tiñan os espolones traseiros das patas extremadamente afiados, envolvidos en esparadrapo para evitar autolesiones.

Todos eles en celdas individuais debido á agresividade innata e inducida. Uns en galleras, outros en recintos valados individuais, outros no interior de trasportines de tea específicos para o transporte destas aves e un nunha caixa de cartón.

A todos amputáranlles a crista e o queixo, rasurado as patas, extraído as plumas do ventre e o lombo do corpo, limado e afiado os espolones, o que evidenciou modificacións anatómicas aparentemente non xustificadas por supostas patoloxías previas, estas modificacións e amputacións producen graves feridas os animais e sufrimentos coa exclusiva finalidade de preparalos para os combates, expoñendo ademais aos animais a enfermidades e risco de infeccións, máxime se ademais estas prácticas non son levadas a cabo por veterinarios que coa súa actuación poidan, polo menos, minimizar o sufrimento a estes animais .

Pelexas ilegais de galos en Coristanco 3

Ademais dos galos, tamén atoparon un recinto circular de lona a modo de ring, dos utilizados habitualmente para a celebración de pelexas, un estoxo maletín o cal contiña espolones artificiais para implantación nas aves, protectores de espolón de goma ou coiro, limas, laca, pegamento, tesoiras, navalla, xiringas; 3 reloxos de area de plástico utilizados supostamente para marcar os tempos dos combates, e dous bonecos de coiros simulando un galo, suxeitos cun pau, utilizados habitualmente para o adestramento dos galos combatentes.

Pelexas ilegais de galos en Coristanco 2


Así mesmo observaron que a zona próxima ao ring estaba moi pisada, sen ningún tipo de vexetación e con envases de bebida e unha xiringa coa agulla posta e sen liquido no seu interior.

A Garda Civil procedeu á investigación dos 4 responsables como presuntos autores dun delito de malos tratos animais e outro de ameazas con arma de fogo, a incautación de 17 machos combatentes e 2 femias da mesma raza e dos efectos atopados.
Os animais incautados serán trasladados a un centro de recuperación de fauna da Xunta de Galicia.

Comentarios