A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico
Xa saíron hai meses os expedientes de Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico de Bustelo e do Parque Eólico do Toural (que afectan aos Concellos de Coristanco, Carballo e Santa Comba). Vén de saír esta semana o do Campelo, o terceiro parque que, segundo innumerables asociacións forma un único proxecto eólico, fragmentado de forma irregular pola Xunta para solventar con máis facilidade as trabas burocráticas e ambientais, e para evitar que sexa o goberno central o encargado de dar a última autorización (só queda pendente agora a autorización da Consellería de Industria agora para comezar cas obras).
A gran novidade é que o expediente do Campelo recoñece por primeira vez que os tres proxectos (promovidos pola mesma empresa, herdados de proxectos presentados en 2010, e recuperados pola Xunta en plena pandemia como “Proxectos de Epecial Interese Industrial” para reducir prazos) “comparten boa parte das infraestruturas (vieiros, gabias do cableado, SET, así como a liña de evacuación)”.
O expediente non conclúen apenas impacto nin a nivel hidrolóxico, paisaxístico, na fauna, na flora… Resulta curiosa, por exemplo, a lectura que fan sobre o impacto visual sobre un lugar de interese social próximo ao ámbito do proxecto é a Fervenza de Castriz: “O impacto visual vese mitigado polas plantacións forestais presentes na contorna”.
Autorización só da Xunta
Unha das claves desta fragmentación podería ser a potencia total instalada. O Campelo ten 45 MW, O Toural 18, e Bustelo outros 18, o que sumarían máis dos 50MW de potencia, cifra a partir da cal a autorización tería que chegar do Estado e non da Xunta.
De 14, a 9 viraventos
Se ben o proxecto inicial de 2010 era de 14 aereoxeneradores, en 2018 xa se retomaba con 11. A DIA do Campelo provoca a eliminación de 2 aereoxeneradores (que estarían situados no Concello de Coristanco), algo que para o Petón de Lobo, “forma parte do xogo. Piden moito para despois sacar peito dicindo que recortan por consideración ambiental”.
Declaración ambiental conxunta
Durante todos estes anos, os proxectos sufriron numerosas alegacións. En 2012 xa houbo denuncias presentadas por ADEGA e Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo. En maio 2018 presentáronse 13 alegacións particulares, unha do BNG de Coristanco e tres de diversas asociacións (Grupo Naturalista Hábitat, Senda Nova e unha alegación conxunta das asociacións Petón do Lobo, Cova Crea e Amigos e Amigas dos bosques O Ourol do Anllóns). E enn setembro 2018, a Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas tamén presentaba a súa.
Pero a problemática máis grave, para o Petón do Lobo, é que “impediuse á cidadanía participar na avalización global do impacto ambiental da infraestrutura conxunta. Esta división artificiosa dun único proxecto en tres, impediu á cidadanía realizar unha avaliación global dos impactos ambientais sinérxicos e acumulados de todas as infraestruturas. Tivemos que ir avaliando os impactos parque a parque, coa problemática, que todo iso conleva”. “Este proceso de prebendas para as eólicas e vulneración de dereitos humanos fundamentais, é fraude, ou corrupción, como queiras chamalo”, denuncian dende o Petón do Lobo.
Trasplantar plantas en perigo de extinción
Na DIA do Toural hai un dos elementos máis graves que veñen descubrindo os conservacionistas: o trasplante dunha expecie en perigo de extinción. Así sinala o DIA: ”Polo tanto, de producirse as circunstancias descritas no proxecto do PE Monte Toural, se o promotor considera que o transplante dos exemplares de Centaurea ultreiae directamente afectados a unha zona de protección e desenvolvemento é unha medida hábil para a protección da especie, deberalle trasladar a dita proposta de actuación para a súa avaliación e tratamento".
"Este trasplante da planta esta vulnera o Convenio de Diversidade Biolóxica da ONU que no artigo 8 fala da Conservación in situ das especies en peligro de extinción", asegura Petón do Lobo.
Mobilización social
Aló polo 2019 a veciñanza da zona mobilizouse na Plataforma "Non + Eólicos", facendo varias manifestacións na rúa e explicando as súas razóns con estes díticos informativos:
O SLG súmase á petición de anulación do Plan Sectorial
Como fan numerosas entidades de todo o país, o Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Consellaría de Economía, Empresa e Innovación para que non aplique o Plan Sectorial Eólico de Galicia por ser "ilegal". O incumprimento denunciado tería que ver coa lexislación ambiental actualmente vixente en Galicia. En concreto, e de acordo co sindicato, "o Plan Eólico vulnera a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental".
Novas sobre os parques do Bustelo, Campelo e O Toural
- Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Outubro 2019: Nova concentración contra a sombra dos viraventos de Bustelo, Campelo e O Toural.
- Setembro 2019: Unha Andaina para defender a Lagoa de Alcaián ante a invesión eólica.
- Veciños de Ponteceso, Mazaricos, Coristanco e Santa Comba unen a súa loita contra os eólicos nunha Rede de Plataformas Galegas.
- Agosto 2018: Hoxe créase unha Plataforma de afectadas/os polos parques eólicos do Campelo, Bustelo e Toural.
- 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
- 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca.
Novas sobre os eólicos
- Xaneiro 2021: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- Reda Natura e Parques Eólicos son incompatibles.
- Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
- O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- Abril 19: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Febreiro 18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.