Venres. 26.04.2024
El tiempo

Dous feridos tras un choque múltiple en Santa Comba

Dous feridos tras un choque múltiple en Santa Comba

Unha colisión múltiple, rexistrada a pasada tarde do 1 de novembro en Santa Comba, saldouse con dúas persoas feridas. No sinistro víronse implicados tres vehículos.

O accidente tivo lugar no quilómetro 9 da DP-2904. Foi unha persoa particular a que deu conta dos feitos ao 112 Galicia ás 15:25 horas desta tarde.

Ao lugar acodiron 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Xallas, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Fonte

  • Axega

Comentarios