sábado. 03.05.2025
El tiempo

Dúas semanas para completar as obras de mellora no Polígono de Santa Comba

Dúas semanas para completar as obras de mellora no Polígono de Santa Comba
Alcalde de Santa Comba coa Delegada da Xunta no Poligono

Xa levan en marcha uns días os novos traballos de mellora nos accesos ao polígono industrial de Santa Comba. Unhas obras consisten na execución dunha rotonda de acceso ao polígono, co fin de mellorar a fluidez do tráfico na entrada e incrementar a seguridade viaria neste punto. A nova glorieta estará iluminada con lámpadas led. A execución estará rematada nun prazo de dúas semanas.

Co fin de facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.

Trátase duna actuación cofinanciada entre o concello e a Consellería de Economía e Industria, que destinará unha achega de 31.537 euros, que supón o 80% do investimento total.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios