Venres. 19.04.2024
El tiempo

O EFA-Fonteboa elaborará o Plan Estratéxico da Pataca de Coristanco

Ines Sante no EFA Fonteboa
O EFA-Fonteboa elaborará o Plan Estratéxico da Pataca de Coristanco

En ningún sitio van coñecer mellor a pataca de Coristanco como no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa. O centro coristanqués acollía o pasado venres a clausura do curso 2020-2021, con visita institucional. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, aproveitou para anunciar que será persoal deste centro coruñés o encargado de elaborar o Plan estratéxico da pataca de Coristanco que vén de poñer en marcha a Xunta.

Santé valorou a formación ofrecida por este centro de referencia en toda Galicia, que revirte no mantemento e na posta en valor do sector primario, convertíndoo nun desexo da mocidade para vivir del.

Comentarios