#8M: O “indignante” empeoramento da igualdade no agro
Interesantes datos os queachega hoxe a Secretaría das Mulleres do SLG. Un sindicato que secunda a folga deste novo 8 de marzo constatando o empeoramento da igualdade no agro e no rural. As que non farán folga serán seguramente as centos de mulleres que traballan arreo nas explotacións da nosa comarca, pero que o fan dende a segunda liña.
”As labregas seguimos sendo ese factor invisible que sostén o mundo rural co noso traballo nas granxas, cos nosos coidados ás persoas maiores e á rapazada. Porén, a maioría de nós segue sen ver recoñecida esta contribución á hora de adquirir algún tipo de compensación ou dereito como a maioría das traballadoras”, sinalan dende a SLG.
Para dar conta deste “indignante” empeoramento da situación laboral da muller do campo, poñen varias cifras:
Nos últimos anos apenas se contabilizan 18 mulleres dadas de alta como cotitulares das explotacións nas que traballan, cando as estimacións apuntan a que deben ser unhas 35.000 as mulleres galegas que traballan na granxa familiar sendo unicamente o cónxuxe varón o titular da mesma.
Esta situación xenera que “apenas o 5% das que chegan a cotizar acadan unha pensión íntegra fronte ao 80% dos homes”.
Sobre o teito de cristal, as contas son claras: “nas cooperativas, segundo datos da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), sendo mulleres o 46% das persoas socias, a presenza feminina se reduza a un 16% nos consellos reitores e a un 6% nas presidencias”.
En canto ás axudas, “en Galicia hai máis mulleres que cobren axudas que homes. Das 27.357 persoas beneficiarias, o 43,17% eran homes e o 56,82% mulleres; porén, a axuda media da PAC que cobran os homes na Galiza é de 9.736 €, mentres que a axuda media das mulleres redúcese a 4.106 €”.
Esta política de axudas sen perspectiva de xénero pode compararse coa nova planificación dos Fondos Europeos Next Generation, nos que a Xunta formula un proxecto baseado en grandes multinacionais e esquece o emprendemento no rural.
Falta de servizos no rural
O SLG vincula esta situación co “continuo desmantelamento de servizos públicos esenciais no rural, como escolas ou centros médicos, cuxa ausencia sempre repercute negativamente na xornada laboral das mulleres por sermos nós, decotío, as que asumimos as tarefas familiares relacionadas coa saúde e os coidados da rapazada e das persoas maiores”.
Artigos relacionados
Novas sobre o 8M
- 08-03-2020: Un #8M de concentracións locais e telemáticas.
- #8M: A discriminación extra que sobre as mulleres con adiccións do rural.
- #8M: A tripla discriminación das mulleres con discapacidade do rural.
- #8M: As Zoquiñas Vermellas volveron saír á rúa en clave de artesanía e denuncia.
- Vimianzo vístese de #8M.
- #8M: Buserana si convoca unha concentración, “máis necesaria que nunca”, en Cee.
- As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo.
- As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo.
- A Galería Mulleres de Muxía cumple 11 anos lembrando a Elena Colmeiro.
- “Mulleres invisibles, mulleres desconfinadas”, o artigo de Paula Castro gañador do IV Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.
- Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M.
- A Costa comeza a mobilizarse polo #8M.
Crónicas do 8M de 2020
- Marzo 2020: #8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo.
- Marzo 2020: #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.