O EFA Fonteboa, sementeiro de variedades de tomate

Segue sumando experiencias agrícolas o proxecto Paisaxes Intelixentes que desenvolve o GRD Costa da Morte, xunto coas entidades homólogas da Ribeira Sacra - Courel; Terras de Compostela e a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa. Ademais de rescatar variedades de herbas para pastos ou experimentar con fabas de Lourenzá e Millo Negro, o proxecto quere ver como responden varias variedades de tomate.
Faino en colaboración co CPR EFA Fonteboa en Coristanco. É o centro de referencia en materia de formación agraria na comarca o encargado de producir os plantóns nas súas parcelas experimentais de variedades de tomate “Negro de Santiago”, “Abuela de Osedo”, “Taller de Lubre” e de pemento “Entenza” e “Gulans”.
Varios produtores da zona pasaron a recoller os plantóns, para levar a cabo nas súas explotación os campos de ensaio, en parcelas debidamente identificadas. Con estas parcelas preténdese estudiar as aptitudes destas producións no territorio e as súas características organolépticas en comparación con variedades comerciais utilizadas habitualmente e a posibilidade de multiplicación para replicar estas producións noutras parcelas do territorio ou dos territorios do resto de Grupos participantes no proxecto de cooperación.
RELACIONADOS
- A Comunidade de Montecelos recupera o seu monte para pastos.
- A Despensa D'Luxo experimenta con fabas de Lourenzá e Millo Negro
- O GDR comparte cos horticultores da zona o proxecto cooperativo “Paisaxes Intelixentes”
- Lucía Calvo, da Despensa D´Lujo: “As redes sociais son o escaparate para lle ensinar ós nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras”