Emprendedores xalleiros buscan o seu proxecto de innovador no rural
07:02 16/11/15
Rematou o curso creación e xestión de microempresas de Santa Comba cunha xornada que levaba o nome de “Decidín emprender", na que participou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Uns 20 mozos compartiron e aprenderon diferentes experiencias emprendedoras.
A idea é buscar esa idea, ese proxecto innovador no rural capaz de cambiar o seu entorno para mellor, para seguir vertebrando o país".
Na xornada tomaron parte ademais varias empresas de eidos como a aviación non tripulada ou a impresión 3D, e servizos asociados á aviación non tripulada, como o software e a imaxe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).