En galego nas ondas do Xallas


A emisora municipal do Concello de Santa Comba, Radio Xallas (107.5FM) acolleu este mércores 22 de outubro un obradoiro radiofónico que se enmarca no programa “O galego na onda” e no que participaron xóvenes xalleiros que gañaron un concurso de cuñas na súa fase local.
“O galego na onda” é un programa promovido pola secretaría xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Cultura, para a promoción do idioma galego.
No obradoiro, impartido por Rubén Riós e Andrés Rozados os alumnos aprenderon distintas cuestión relacionadas coa radiodifusión. O vindeiro 5 de novembro, na segunda xornada, elaborarán un programa radiofónico e participarán na fase autonómica dun concurso cuxos vencedores participarán nun programa da Radio Galega.
Nesta primeira xornada, achegouse a Radio Xallas a concelleira de cultura María Pose, que departiu con profesores e alumnos desta actividade. Tamén asistiu a actividade o responsable da emisora, Xosé Manuel Lema.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo.
- As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.
Fonte
- Concello de Santa Comba.