A Festa da Virxe do Corpiño de Oca volverá curar o "mal de ollo"

08:59 20/06/24
Xa teñen as antorchas preparadas a parroquia coristanquesa de Oca para celebrar a Virxe do Corpiño. A celebración recuperada pola Unidade Pastoral de Coristanco, da man do párroco Manuel Mallo, para curar o “mal de ollo”, arrinca, o venres 5 de xullo terá coa procesión de fachos dende a capela ata a rotonda do Carrefour.
O sábado 6 de xullo haberá misas ás 10, 11, 12 e 13 h. Ao mediodía actuará a artista Rocío Pérez. Pola tarde haberá un novo oficio relixioso ás 20.00 horas.
E o domingo día 7, as misas serán ás 9 e ás 13 horas. A música correrá a cargo do Karma Trio.